App Paso a Paso

A aplicación Paso a Paso da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) contén información moi variada, podendo ter nela un control sobre os sendeiros realizados, as actividades da Liga de Sendeirismo completadas, etc.

Cabe destacar en primeiro lugar que tes  nela a licenza federativa en formato dixital, podendo descargarla en formato pdf, podendo ver os detalles do seguro e os teléfonos de emerxencias.

app fedme

No apartado de espazos naturais son interesantes as recomendacións que se dan para o uso responsable do medio natural.

O apartado referido ás noticias de interese está relacionado coas notificacións propias, noticias de interese no mundo FEDME, calendario de eventos, Club FEDME (con descontos en hoteles, webs e demais establecimentos asociados) e un aspecto moi interesante son os tutoriais da EEAM, onde se explican conceptos e técnicas a ter en conta na montaña.

O apartado da Liga Ibérica de Senderismo recolle as actividades da Liga nun mapa, con información detallada de cada ruta, así como o enlace á web da Liga con máis información.

Sen dúbida o apartado máis interesante para a maior parte dos usuarios é o apartado referente aos Sendeiros, onde se expoñen sobre un mapa os sendeiros homologados, coa súa información e un buscador por tipo de sendeiro.

Se entramos na información dos sendeiros aparecen detalles como a distancia, desnivel positivo e negativo ou a duración estimada.

Tamén se enlaza a unha web con información sobre as marcas de sinalización dos sendeiros e con información sobre o mellor sendeiro homologado.

Existe a posibilidade de rexistrar e grabar unha ruta, con datos de distancia, tempo, desnivel ou velocidade. Permite exportar o track e gardarlo na aplicación dentro do apartado das túas rutas.

 

    Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso