Certificación forestal

Qué é a certificación forestal?

A certificación forestal componse de dous procesos vinculados entre sí: a certificación da xestión forestal sostible e a certificación da cadea de custodia. Ambos procesos garantizan a xestión sostible dos bosques e fan un seguimento dos productos forestais creados neste tipo de bosques.

Unha xestión forestal sostible supón vantaxes ambientais como a diminución do risco de incendios e pragas, contribúe á mitigación do cambio climático ou a mellora na conservación da biodiversidade. Ademais, proporciona unha mellora na produtividade, o que supón maiores beneficios económicos para os propietarios dos bosques certificados.

A certificación forestal é un proceso voluntario polo que unha terceira parte independente certifica, mediante un procedemento de auditoría, que a xestión de certa superficie forestal se axusta a un conxunto de criterios e normas previamente establecidos.

A certificación forestal é a mellor forma de garantir que un produto forestal (madeira, corcho, papel . . . )provén dun bosque xestionado de modo sostible, respetando procesos ecolóxicos naturais e evitando a degradación dos recursos.

Existen dous sistemas principais de certificación:

> FSC – Forest Stewardship Council (Consello de Administración Forestal)

> PEFC – Programme for the Endorsement of Forest Certification Schemes (Programa de Recoñecemento de Sistemas de Certificación Forestal)

PEFC fixa obxectivos vinculados á conservación do ambiente, mellora da produtividade e promoción do desenvolvemento socioeconómico no entorno rural, mentres que a FSC promove a xestión forestal ambientalmente responsable, socialmente beneficiosa e economicamente viable nos bosques de todo o mundo.

Por qué certificar o teu bosque?

  • É a única garantía de que o monte está xestionado seguindo prácticas adaptadas social, económica e medioambientalmente ás condicións locais.
  • Promove a conservación e mellora das masas forestais.
  • Supón un aumento dos posibles mercados receptores de madeira.
  • Facilita o acceso a axudas e subvencións que valoren a xestión activa do monte.

Máis información en pefc.es e fsc.org.

    Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso