Certificado Eficiencia Enerxética

Coa entrada en vigor do Real Decreto 235/2013, de 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios, é obrigatorio presentar un Certificado de Eficiencia Enerxética para poder vender ou alugar un inmoble.

inmueble

Pero, que é un Certificado de Eficiencia Enerxética?

Pode definirse como a documentación asinada por un técnico competente que contén información sobre as características enerxéticas e a cualificación de eficiencia enerxética dun inmoble.

A eficiencia enerxética fai referencia ao consumo de enerxía, calculado ou medido, que se estima necesario para satisfacer a demanda enerxética dun inmoble nunhas condicións normais de funcionamento e ocupación, e inclúe, entre outras cousas, a enerxía consumida en calefacción, a refrixeración, a ventilación, a produción de auga quente sanitaria e a iluminación.

A etiqueta de eficiencia enerxética

Todo o contido do certificado enerxético resúmese na etiqueta de eficiencia enerxética. Nela, indícanse as cualificacións de emisións e de consumo do inmoble, nunha escala de cores que vai dende o nivel A (máis eficiente) ó G (menos eficiente).

Contacta con Gabinete Cartotec para a realización do teu certificado e pide orzamento sen compromiso!

    Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso