A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia ten como obxectivo “facilitar aos propietarios de montes o manexo sustentable dos recursos”, establecendo no artigo 68 as distancias mínimas que se deben gardar a lindeiros nas novas plantacións forestais.
Posteriormente, a Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas introduciu modificacións en varios artigos da Lei 7/2012.
Entre as modificacións introducidas, no punto 24 establécense as modificacións das distancias mínimas que deben respectar as novas repoboacións forestais, quedando como segue:
No seguinte mapa represéntanse os concellos declarados como Zonas de Alto Risco de incendios (ZAR), onde as repoboacións forestais teñen máis restricións.
Elaboración propia. Fonte: Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (PLADIGA).
Cómo se miden as distancias?
-
A parcelas: ditas distancias mediranse dende o tronco do pé máis próximo á propiedade veciña até o límite coa outra propiedade.
Aos tendidos eléctricos: mediranse até a proxección do condutor máis externo, e a súa desviación máxima producida polo vento considerarase segundo a normativa sectorial vixente.
A edificacións, vivendas illadas e urbanizacións situadas a menos de 400 m do monte e fóra de solo urbano e de núcleo rural: as distancias mediranse até o paramento destas.
A cámpings, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais a menos de 400 m do monte e fóra de solo urbano e núcleo rural: as distancias mediranse até o límite das instalacións.
A estradas ou ferrocarril: as distancias mediranse dende o límite do dominio público das vías.
A pistas, asfaltadas ou non: mediranse dende o límite exterior dos movementos de terra da obra de construcción dela.
A canles fluviais: a distancia medirase dende o dominio público.

Delimitación DPH. Fonte: CHCANTÁBRICO.