Equipo Gabinete Cartotec


David é o fundador e director técnico de Gabinete Cartotec. Técnico topográfico de formación, conta cunha experiencia profesional multidisciplinar no asesoramento técnico e en procedementos xurídicos sobre a xestión do territorio. Dende este interese desenvolve a súa carreira profesional na xestión catastral ocupando postos de responsabilidade por máis de 12 anos. Participa nunha gran diversidade de proxectos que lle dan unha visión global do conxunto de procesos necesarios para a resolución integral de calquera situación.
Experto en xestión catastral, destacado pola súa formación multidisciplinar que o converte nun profesional técnico que liderou o traballo como director debido ao seu amplo coñecemento e experiencia. A súa carreira desenvólvese principalmente no ámbito das Xerencias Territoriais de Catastro, especialmente na Xerencia de Pontevedra, onde ten realizado traballos de dirección e coordinación dos equipos como xestor técnico e control de calidade do traballo.
David tamén ten unha ampla experiencia como xefe de área nas provincias de Pontevedra e Lugo, responsable de todos os contratos adxudicados polas administracións públicas (provinciais e locais) e outros clientes particulares, locais e foráneos. Entre estes destacan: traballos relacionados coa incorporación de novas matrículas catastrais correspondentes a asistencia técnica na xestión catastral, incorporación e actualización de cartografía con resolución de cruces entre cartografía e base de datos, e atención ao público.


Iria conta con unha ampla experiencia e formación internacional: política e económica. Especialista en comercio exterior e licitacións internacionais. Formouse nas mellores universidades de Portugal, República Checa e España. A súa traxectoria profesional, en postos de responsabilidade, desenvólvese inicialmente na gran distribución como analista de mercado e responsable de mercados en Madrid e como Project Manager en Bruxelas. Fala con fluidez francés, portugués e inglés. Conta con unha excelente habilidade para colaborar e desenvolver relacións de confianza, é flexible, analítica e ten liderado equipas multiculturais.
En Gabinete Cartotec é responsable do mantemento da visión global do negocio para a integración de procesos e do plan estratéxico da compañía conxuntamente co fundador e director técnico, David Sanguiao. A súa traxectoria internacional e o seu coñecemento específico do sector, dótana dunha capacidade de adaptación e visión global estratéxica imprescindibles para a consecución do conxunto dos obxectivos da empresa. Ademais compatibiliza a súa responsabilidade na empresa coa de consultora para o Banco Mundial para a avaliación de licenzas de construción e rexistro da propiedade para diferentes países do mundo e é a representante da empresa en eventos internacionais como as prestixiosas conferencias Land&Poverty que teñen lugar en Washington, D.C. (EUA) anualmente.


Patricia conta con máis de dez anos de experiencia como técnica en traballos catastrais, concretamente en contratos de tramitación de expedientes de tipo xurídico e para a emenda de discrepancias catastrais. A súa traxectoria profesional desenvólvese nomeadamente no eido das Xerencias Territoriais de Catastro onde traballa coas aplicacións propias de Catastro, SIGECA, SIGCA e SAUCE.