Tan importante como a creación dunha ruta sinalizada ou sendeiro homologado é o seu mantemento. A súa creación implica un gran esforzo económico, polo que é imprescindible que o promotor asigne unha partida para o seu mantemento, en caso contrario todo o esforzo quedará no esquecemento en pouco tempo.
Cómpre lembrar que un sendeiro homologado en mal estado é motivo da perda da matrícula e da súa homologación, ademais de que é un risco para a seguridade dos sendeiristas.
Un sendeiro en mal estado de conservación provoca nos turistas unha mala imaxe que é difícil de cambiar, perdendo todos os esforzos realizados na promoción turística e a confianza do visitante. É sabido que o sendeirista ou cicloturista busca aquelas rutas sinalizadas pola súa seguridade; sentirse seguro e a salvo é o que máis se valora á hora de escoller un destino ou outro, polo que é necesario que se realice un mantemento axeitado.
Para evitar iso, en GABINETE CARTOTEC ofrecemos un servizo de mantemento que busca ofrecer unha solución sinxela e o máis económica posible para o mantemento e recuperación de rutas, tanto as non homologadas como aquelas homologadas pola Federación Galega de Montañismo ou por delegación en España de IMBA (International Mountain Bicycling Association).
Os nosos servizos:
Revisión anual ou bianual da ruta
Informe de revisión
Reposición de sinais e marcas de pintura
Limpeza de lixo e roza
Actualización da sinalización
Actualización de documentación
Informe final dos traballos realizados