Plusvalía

Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana

O imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana é un tributo directo que grava o incremento de valor que experimenten estes terreos e se poña de manifesto como consecuencia da transmisión da propiedade por calquera título, constitución ou transmisión de calquera dereito real de gozo, limitativo do dominio, sobre os referidos terreos.

A partir do Real Decreto-Lei 26/2021 de 8 de novembro, non estarán suxeitas ao imposto as transmisións de terreos nos cales se constate a inexistencia de incremento de valor por diferenza entre os valores dos terreos nas datas de transmisión e adquisición.

Para acreditar a inexistencia de incremento de valor, o interesado deberá declarar a transmisión e aportar os títulos que a documenten. O Real Decreto mantén a natureza do imposto, é dicir, o tributo grava o incremento do valor dos terreos posto de manifesto no momento da deinvidicación e ó longo dun período máximo de 20 anos.

O valor do terreo nese momento será o que teña o inmoble a efectos do Imposto sobre Bens Inmobles.

Ademais, o cidadán poderá decidir entre dúas formas de aboar o imposto:

– Como resultado da aplicación dos novos coeficientes municipais ao valor catastral do inmoble. Estes coeficientes actualizaranse anualmente e calcúlanse en función dos anos transcorridos dende a operación.
Serán gravadas cun coeficiente maior as operacións de compra e venda realizadas en menos dun ano.

– Segundo a plusvalía real impoñible, obtida da diferenza de valor entre o prezo de compra e o prezo da venda do inmoble.

    Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso