As Asociacións O Noso Lar e As Rigueiras xunto co Concello de Santiso, encomendaron a Gabinete Cartotec o proxecto e a execución dunha ruta de sendeirismo homologada de 40 km (Sendeiro da Beseña PR-G 226).
Trátase dun proxecto inclusivo que está deseñado co obxectivo de incrementar a calidade de vida da veciñanza e o incremento de visitantes, procurando valorizar os activos existentes e crear unha oferta turística coordinada e aberta con todos os axentes sociais, económicos e políticos para aumentar a atracción do turismo no rural.
Unha ruta de sendeirismo homologada financiada con fondos europeos LEADER que xestiona o GDR.
Poden descargar o track do sendeiro dende o seguinte enlace, así como acceder a máis información sobre o mesmo.