PR-G 277 Sendeiro de Devesos – Ortigueira

A Federación Galega de Montañismo ven de homologar o sendeiro PR-G 277 “Sendeiro de Devesos” no Concello de Ortigueira.

Gabinete Cartotec foi a empresa encargada do deseño e execución do sendeiro, realizando con medios propios todas as fases, dende o Estudo de Definición do Sendeiro para a súa homologación por parte da FGM até a instalación das balizas de seguimento e paneis informativos, pasando pola adecuación e roza dos camiños.

Estes traballos foron executados durante os últimos meses do ano 2025.

devesos

O sendeiro parte das proximidades da Sociedade de Instrución e Recreo “A Devesana”, no lugar de O Igrexario. Esta edificación é coñecida por ser o cuartel da Garda Civil na serie “Néboa”, e dende a súa inauguración no ano 1912 serviu de escola para socios e veciños.

Dende este punto, o sendeiro transcorre por camiños antigos, cruzando pola Ponte Malló para chegar á aldea abandonada de As Bouzas.

En plena Serra da Panda, o sendeiro toma unha derivación até a Cruz de Martiño, único vestixio que sobrevive dunha antiga igrexa situada nese lugar. Continuando, o trazado do sendeiro bordea a Serra da Panda polo norte, pasando por aldeas como O Cabradoiro e O Aciveiro, para chegar ó seu fin no Santuario de Portas.

Xunto ao Santuario atópase unha fonte con augas que, contan as lendas, curan penas e males.

Datos do sendeiro:
Distancia: 8,3 km
Tempo estimado: 2h 40′
Desnivel positivo: 345 m
Desnivel negativo: 200 m
Tipo de percorrido: travesía

Enlace Wikiloc

Descarga ficha do sendeiro

Descarga trazado en formato gpx

    Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso