Sendeirismo

Sendeirismo

Porque unha ruta é moito máis que un deseño

Gabinete Cartotec aposta por unha visión integral, convertendo os nosos sendeiros en experiencias únicas e diferenciadas pola súa riqueza e calidade

A nosa experiencia en proxectos de creación de sendeiros homologados convértennos nos socios perfectos para levar a cabo rutas atractivas que poñan en valor os elementos naturais

Os proxectos de sendeiros que ofrecemos son sinónimo de calidade. Garanten unha boa sinalización, seguranza e datos técnicos e información sobre puntos de interese


Experiencia integral

A histórica ligazón entre o territorio e os seus habitantes é impresindible que se vexa reflectida no deseño do sendeiro.

A participación das comunidades resulta vital para que se asuma este proxecto como propio e, deste modo, ofrecer unha experiencia integral ao visitante, en contacto coa paisaxe e as relacións que a crearon.

O sendeirismo convértese cada vez máis nunha actividade habitual entre persoas de todas as idades grazas é súa combinación de actividade física e contacto coa natureza, cuns beneficios para a saúde espiritual e física inmellorables.

É perfecto para grupos de amigos, familias ou para unha viaxe introspectiva en solitario, gañando adeptos en todos os lugares.

Promove un sendeiro e dinamiza a túa zona!

A promoción de Roteiros de sendeirismo proporciona unha variada relación de beneficios a todos os niveis:

– Promoción da identidade local

– Participación social inclusiva
– Atracción de novos visitantes
– Dinamización económica
– Posta en valor dos recursos naturais
– Fomento de estilos de vida saudables

baliza
detalle panel horizontal
frecha_1
MESÓN OS ENMEIGADO MUÍÑO DAS CAÑIZAS
MINI FERVENZA DO MUÍÑO DAS CAÑIZAS
panel vertical_1
PONTE BELMIL

Anterior
Seguinte

CONTACTA CON NÓS

Gabinete de Cartografía, Topografía e Catastro
www.gabinetecartotec.com


Facebook


Instagram


Linkedin