Catastro

Ofrecemos solucións integrais que cobren todo o ciclo catastral e que inclúen todos os traballos relativos á formación da cartografía catastral, desde a toma de datos en campo ata o traballo de gabinete: formación, edición de cartografía, actualización, mantemento e revisión do catastro.

Tarefas habituais en Catastro e Rexistro da Propiedade:
– Informes catastrais
– Certificados de xeorreferenciación e de superficie
– Exceso de cabida
– Deslindes, segregacións e agrupacións

catastro

O catastro inmobiliario

O catastro é un rexistro administrativo, dependente do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, no que se describen os bens inmobles rústicos, urbanos e de características especiais.

A descrición catastral dos bens inclúe as súas características físicas, xurídicas e económicas; entre as que se atopan: a localización exacta de cada ben, a referencia catastral que o identifica, a súa superficie, o seu uso, o tipo de cultivo presente, a representación gráfica, o valor catastral que ten e o nome do titular catastral.

Dos dous lados do mostrador

En Gabinete Cartotec estamos especializados na xestión catastral e temos experiencia tanto no ámbito do sector privado como no da Administración Pública, adaptándonos ás necesidades de cada cliente. De cara ao usuario privado, contrastamos a información catastral dos bens inmobles para determinar a discrepancia catastral e emendala, tanto para datos gráficos como fiscais, cunha taxa de éxito superior ao 95%.

Ademais, como empresa adxudicataria de concursos públicos de Catastro, tramitamos expedientes de tipo físico e xurídico para delegacións provinciais da Dirección Xeral de Catastro, así como para diferentes Concellos. Realizamos asistencias técnicas en Procedemento de Valoración Colectiva (PVC) e realizamos cruces de bases de datos gráfica e alfanumérica entre outros traballos.

Na Sede Electrónica do Catastro (SEC) podes consultar os datos catastrais e xestionar diferentes servizos.  É o punto de acceso a servizos electrónicos dispoñibles pola Dirección Xeral do Catastro

Consultar

O Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) tamén é unha base de datos oficial de referencia para a identificación de parcelas agrícolas, de utilización obrigatoria en España para realizar as solicitudes de axudas directas da PAC que requiran declarar superficies.

Consultar

Necesitas facer unha xestión  na Sede Electrónica de Catastro ou no SIXPAC?
Contáctanos

Lista de servizos

Toma de datos catastrais, inspección catastral e detección de alteracións en campo.

Inventarios de fincas xeolocalizados, CartoLIBRO®.

Detección de incidencias e toma de fotografías xeorreferenciadas para o Procedemento de Regularización Catastral (PRC).

Actualización e mantemento da cartografía catastral a través das aplicacións de Catastro: SIGCA, SIGECA e SAUCE.

Asistencia técnica en Procedemento de Valoración Colectiva (PVC).

Cruces de bases de datos gráfica e alfanumérica.

Corrección de erros de validación e valoración da Base de Datos Catastral.

Tramitación de expedientes do modelo 900D (antigos 901N, 902N, 903N, 904N) de alteracións catastrais.

Elaboración e tramitación de recursos e alegacións.

Realización de informe certificado de Representación Gráfica Alternativa en formato GML (Lei 13/2015).

Investigación de información catastral en Arquivos Históricos Provinciais, Catastros antigos e actuais.

Elaboración de informes para a emenda de discrepancias catastrais.

Ver máis

    Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso