Outdoor

Camiña, pedalea . . . EXPLORA

Nun momento en que abondan as rutas de sendeirismo, Gabinete Cartotec aposta por unha visión integral destes proxectos que converten os nosos sendeiros en experiencias únicas e diferenciadas pola súa riqueza e calidade.

O noso coñecemento da contorna e experiencia en proxectos de creación de sendeiros homologados convértennos nos socios perfectos para desenvolver rutas atractivas que tiren proveito e poñan en valor os elementos naturais, humanos, históricos, arqueolóxicos ou culturais da contorna.

A sinerxia entre turismo e cultura fortalece o atractivo dun lugar, creando un destino caracterizado pola tranquilidade e a conexión coa natureza onde os visitantes poidan gozar dunha fermosa experiencia.

No mesmo sentido, no propio proceso de elaboración da ruta procuramos a participación coas comunidades. Deste xeito queremos facer algo que a xente asuma como propio e que actúen como auténticos custodios do territorio e dos seus camiñantes ao tempo que participan e contribúen á creación da ruta.

Porque unha ruta é moito máis que un deseño

Procuramos que o visitante goce dunha experiencia integral, en contacto coa paisaxe da contorna. Ao tempo, que trasladamos tamén a riqueza e complexidade do medio rural, tratando as relacións entre o ser humano e a natureza, e os procesos produtivos que se desenvolven neste territorio.

Os proxectos de sendeiros que ofrecemos son homologados polas Federacións de Montañismo, sendo sinónimo de calidade. Adecúanse a unha normativa que garanten, entre outros, unha boa sinalización, seguranza e ofrecen recomendacións, datos técnicos e información sobre puntos de interese.

PR-G 259 Ruta dos Montes do Bocelo – Teito da Coruña

Coto do Pilar

Mantemento de rutas e sendeiros

Tan importante como a creación dunha ruta sinalizada ou sendeiro homologado é o seu mantemento. A súa creación implica un gran esforzo económico, polo que é imprescindible que o promotor asigne unha partida para o seu mantemento, en caso contrario todo o esforzo quedará no esquecemento en pouco tempo.

Cómpre lembrar que un sendeiro homologado en mal estado é motivo da perda da matrícula e da súa homologación, ademais de que é un risco para a seguridade dos sendeiristas.

Un sendeiro en mal estado de conservación provoca nos turistas unha mala imaxe que é difícil de cambiar, perdendo todos os esforzos realizados na promoción turística e a confianza do visitante. É sabido que o sendeirista ou cicloturista busca aquelas rutas sinalizadas pola súa seguridade; sentirse seguro e a salvo é o que máis se valora á hora de escoller un destino ou outro, polo que é necesario que se realice un mantemento axeitado.

Para evitar iso, en GABINETE CARTOTEC ofrecemos un servizo de mantemento que busca ofrecer unha solución sinxela e o máis económica posible para o mantemento e recuperación de rutas, tanto as non homologadas como aquelas homologadas pola Federación Galega de Montañismo ou pola delegación en España de IMBA (International Mountain Bicycling Association).

– Revisión anual ou bianual da ruta

– Informe de revisión

– Reposición de sinais e marcas de pintura

– Limpeza de lixo e roza

– Actualización da sinalización

– Actualización de documentación

– Informe final dos traballos realizados

Explora e descobre a través do sendeirismo e cicloturismo

A combinación de vida activa e contacto coa natureza ten uns beneficios para a saúde espiritual e física inmellorables. Por iso, non é unha coincidencia que o sendeirismo e o cicloturismo sexan unha práctica cada vez máis habitual entre persoas de todas as idades e condicións físicas. Perfecto para grupos de amigos, familias ou para unha viaxe introspectiva en solitario, o sendeirismo gaña adeptos en todos os lugares.

A promoción de rutas de sendeirismo e BTT proporciona unha variada relación de beneficios a todos os niveis:

– Promoción da identidade local

– Participación social inclusiva

– Atracción de novos visitantes

– Dinamización económica

– Posta en valor dos recursos naturais

– Fomento de estilos de vida saudables

Se queres promover un sendeiro só tes que escoller:

-Por onde che gustaría que transcorrese

Pensa naqueles lugares de interese xeográfico, histórico, artístico, natural ou cultural que queres potenciar e dar a coñecer.

-A lonxitude do sendeiro:

GR: Gran Percorrido > 50 Km

PR: Pequeno Percorrido > 10 Km e < 50 Km

SL: Sendeiro Local < 10 Km

Promove un sendeiro e dinamiza a túa zona!

Máis info!

Ofrecemos

Elaboración e dirección de proxectos de Sendeirismo e Rutas BTT

Estudos de Definición de Sendeiro adecuados á Normativa da Federación Galega de Montañismo e da IMBA

Asesoramento e xestión integral do proxecto

Deseño dos elementos infográficos e arquitectónicos

Sinalización, implantación e actuacións de difusión dos sendeiros

Garantía 100% de homologación pola Federación Galega de Montañismo e Certificación de rutas IMBA (International Mountain Bicycling Association)

Mantemento e conservación do sendeiro

Ver máis

    Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso