Qué son os tours virtuais?
Un tour ou visita virtual son un tipo de formato fotográfico en 360° interactivo no cal o usuario pode desprazarse a través de imaxes interconectadas entre sí, o que permite descubrir novos lugares ou negocios. Ao mesmo tempo, permiten achegarse a lugares con anterioridade á visita presencial, ou mesmo a outros que, por diversos motivos, nunca poderías visitar.
Tour virtual de inmobles
Eres propietario dunha inmobiliaria ou simplemente queres vender a túa vivenda por conta propia? Ofrecemos tours virtuais de alta calidade para amosar todo tipo de inmobles.
Visita este piso de maneira virtual!
Combinamos imaxes de interiores e exteriores, así como fotografías e vídeos aéreos a vista de dron que faran destacar o teu inmoble.
Tour virtual de negocios
Fai destacar a túa empresa e amósalla a todo o mundo realizando un tour virtual do teu negocio. Grazas a el captarás futuros clientes amosando todos os productos que ofreces e as características de cada un deles.
Visitas virtuais
Non hai nada mellor para promocionar un lugar de interese natural, artístico ou patrimonial que unha visita virtual a dito lugar. Dar a coñecer un lugar mediante un percorrido virtual axuda a posicionar o noso territorio e atraer visitantes que non se van conformar con visitalo a través da pantalla.