Xestión de proxectos

A experiencia do equipo Cartotec en organismos internacionais da talla do Banco Mundial facúltanos para xestionar calquera tipo de proxectos desde o minuto 1. Calquera idea de emprendemento empresarial ou social a prol do desenvolvemento territorial pode atopar na nosa empresa os coñecementos necesarios para se facer realidade.

Estudar o contexto, procurar fontes de financiamento, valorar os riscos e posibilidades dun proxecto, artellar un plan de desenvolvemento, chegar ao público ou cliente obxectivo, organizar as etapas de implementación, avaliar as necesidades técnicas e humanas de cada proposta ou resolver os requirimentos das administracións son só algúns dos servizos que Gabinete Cartotec é quen de cubrir neste campo.

A profesionalidade amplamente recoñecida do noso persoal especializado facilita a realización de ideas por pouco desenvolvidas que estean . Acompañamos os nosos clientes desde o primeiro momento ata a concreción da súa proposta.

proyectos

Todos os nosos estudos e proxectos lévanse a cabo utilizando ferramentas de análise como o “enfoque de marco lóxico”, utilizado en proxectos de financiación europeos e outras axencias internacionais de desenvolvemento. Estes procedementos permiten a correcta identificación dos problemas e beneficios de cada acción, unha base indispensable para a formulación dos obxectivos e estratexias a seguir.

Con todo, establécense indicadores de actividade para medir o impacto e o retorno xerado pola execución do proxecto e analizar cómo afecta, entre outros, á dinámica comercial, social e ambiental.

Entre os servizos que ofertamos están:

Identificación e seguimento de oportunidades de negocio

Definición de estratexias para a realización de actividades de vixiancia competitiva

Procura de financiamento (administración local, autonómica, estatal; fondos comunitarios – europeos- e outros organismos internacionais: Banco Mundial (BM) e Banco Interamericano de Desarrollo (BID)

Procura de socios para licitacións ou para a participación conxunta en proxectos

Identificación de colaboradores, especialistas, asesores xurídicos, técnicos ou persoal para cada necesidade

Estudos de mercado e de viabilidade técnica e financeira

Redacción de proxectos para a captación de financiamento

Apoio na realización de trámites burocráticos (Altas de empresas, solicitude de permisos, subvencións, redacción de estatutos…)

Acompañamento na implementación técnica do proxecto

Ver máis

    Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso