Qué é a certificación forestal?
A certificación forestal componse de dous procesos vinculados entre sí: a certificación da xestión forestal sostible e a certificación da cadea de custodia. Ambos procesos garantizan a xestión sostible dos bosques e fan un seguimento dos productos forestais creados neste tipo de bosques.
Unha xestión forestal sostible supón vantaxes ambientais como a diminución do risco de incendios e pragas, contribúe á mitigación do cambio climático ou a mellora na conservación da biodiversidade. Ademais, proporciona unha mellora na produtividade, o que supón maiores beneficios económicos para os propietarios dos bosques certificados.
A certificación forestal é un proceso voluntario polo que unha terceira parte independente certifica, mediante un procedemento de auditoría, que a xestión de certa superficie forestal se axusta a un conxunto de criterios e normas previamente establecidos.
A certificación forestal é a mellor forma de garantir que un produto forestal (madeira, corcho, papel . . . )provén dun bosque xestionado de modo sostible, respetando procesos ecolóxicos naturais e evitando a degradación dos recursos.
Existen dous sistemas principais de certificación:
> FSC – Forest Stewardship Council (Consello de Administración Forestal)
> PEFC – Programme for the Endorsement of Forest Certification Schemes (Programa de Recoñecemento de Sistemas de Certificación Forestal)
PEFC fixa obxectivos vinculados á conservación do ambiente, mellora da produtividade e promoción do desenvolvemento socioeconómico no entorno rural, mentres que a FSC promove a xestión forestal ambientalmente responsable, socialmente beneficiosa e economicamente viable nos bosques de todo o mundo.
Por qué certificar o teu bosque?
- É a única garantía de que o monte está xestionado seguindo prácticas adaptadas social, económica e medioambientalmente ás condicións locais.
- Promove a conservación e mellora das masas forestais.
- Supón un aumento dos posibles mercados receptores de madeira.
- Facilita o acceso a axudas e subvencións que valoren a xestión activa do monte.