Estación meteorolóxica de Melide

En Melide atópase unha das máis de 160 estacións que Meteogalicia ten repartidas por toda a Comunidade, e que forma parte da Rede Meteorolóxica de observación.

Dita estación leva operativa dende decembro de 2003, recollendo diversos datos para a súa posterior análise e estudo, permitindo así levar a cabo un diagnóstico da situación atmosférica.

estación meteoróxica melide

Varios elementos son importantes á hora de establecer unha estación meteorolóxica: o emprazamento, o instrumental necesario e a rutina de observación.

Comezando polo emprazamento, ésta debe estar nun lugar que permita recoller datos con precisión e que sexa facilmente accesible. Ademais, orograficamente non pode estar situada en lugares onde condicións meteorolóxicas locais poidan influír nos datos recollidos; debe estar situada lonxe de: relevos topográficos como montañas ou vales, o mar, ríos ou lagos, salvo que se pretenda observar ese lugar en cuestión.

En canto ao instrumental necesario pode variar en función das necesidades particulares de cada aplicación. Os instrumentos deben reunir unha serie de características entre as que cabe mencionar a precisión de cálculo ou a regularidade de funcionamento, así como a sinxeleza e comodidade no manexo.

A estación meteorolóxica de Melide conta con:

Anemómetro para a medición da velocidade e a dirección do vento.
– Unha Sonda de Presión que mide a presión atmosférica.
Sonda de Temperatura e Humidade do aire.
– Un Piranómetro que recolle a radiación solar.
– Unha Sonda de Temperatura de superficie/solo.
– Dous Pluviómetros de Cazoliñas, destinados a medir a cantidade de auga caída, xa sexa en forma de choiva, neve ou sarabia.

Algúns destes instrumentos están colocados no interior dunha garita ao abeiro meteorolóxico. Esta garita, normalmente tipo Stevenson, está feita en madeira de cor branco para facilitar a observación e protexer os instrumentos de medida. A súa porta está orientada ao norte para evitar que o sol non perturbe as medidas cando se fan as lecturas das variables.

instrumentos observación

O terceiro dos aspectos importantes é a rutina de observación, xa que a presión atmosférica ten que ser rexistrada á mesma hora, mentres que as outras variables poden ser leídas 10 minutos antes ou despois.

A continuación amósanse dous gráficos, un relativo ás temperaturas máximas e mínimas mensuais recollidas na Estación Meteorolóxica de Melide dende a súa posta en funcionamento até a actualidade, e outro onde se representan as precipitacións mensuais en L/m², a precipitación máxima diaria e os días de choiva por mes:

Máis información sobre esta e outras estacións na web de Meteogalicia

    Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso