PR-G 276 Ruta das Pesqueiras de Padrón

O sendeiro PR-G 276, de recente homologación pola FGM, conta con 16,8 km lineais que unen lugares tan diferentes como a ribeira do río Ulla ou o Monte Meda.

O principal atractivo que atopamos na zona da ribeira do río Ulla son as numerosas pesqueiras, contruccións de época romana empregadas para a pesca da lamprea.

pesqueiras da Trapa

Nas proximidades da aldea de Xoane, e no trazado do sendeiro, sitúase un conxunto etnográfico moi interesante formado por un total de 6 muíños que aproveitaban a forza da auga do rego de Xoane xusto antes da súa confluencia co río Ulla, así como un lavadoiro e unha fonte.

Deixando atrás o río Ulla, o sendeiro ascende en dirección ao Monte Meda e que, a pesar de non acadar o seu cume, o sendeirista poderá gozar de fermosas vistas panorámicas do val do Ulla, incluíndo montes como o Castro Valente, o Xesteiras, o Xiabre ou o Pico Sacro.

Gabinete Cartotec foi a empresa encargada do deseño e execución do sendeiro, realizando con medios propios todas as fases, dende o Estudo de Definición do Sendeiro para a súa homologación por parte da FGM até a instalación das balizas de seguimento e paneis informativos, pasando pola adecuación e roza dos camiños.

Datos do sendeiro:
Distancia: 16,8 km
Tempo estimado: 5h 15′
Desnivel positivo: 530 m
Desnivel negativo: 455 m
Tipo de percorrido: travesía

Enlace Wikiloc

Descarga ficha do sendeiro

Descarga trazado en formato gpx

    Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso