Tal e como se recolle na web registradores.org, “o rexistro da propiedade ten por obxecto a inscrición ou anotación dos actos e contratos relativos ó dominio e demais dereitos reais sobre bens inmobles”.
Pero . . . que é?
Podemos afirmar que o Rexistro da propiedade é unha institución do Estado dependente do Ministerio de Xustiza que garantiza de forma eficiente quen é o dono ou titular dun ben.
O Rexistro adxudica o dereito a un titular e só el poderá dispor legalmente do inmoble, recoñecéndoo oficialmente como propietario.
É necesario rexistrar a nosa propiedade?
A inscrición dun ben no Rexistro non é obrigatoria, pero sí é recomendable, sobre todo para as vivendas e bens de maior valor, xa que representa o principal medio de protección xurídica, dando a seguridade de que nadie poderá privar ao titular do seu dereito.
Qué pode pasar se non o facemos?
Ante o Rexistro non constaría o titular real, aparecendo como propietario alguén que xa non o é, podendo traernos graves consecuencias no futuro en caso de embargos ou mesmo a venta dese ben e inscrición por parte doutra persoa.
Cómo se inmatricula unha finca?
A inmatriculación, ou primeira inscrición, pode realizarse se contamos con dous títulos públicos onde se transmita a finca e entre ambos documentos pasou, polo menos, un ano entre a primeira adquisición e a segunda.
Ademáis, ten que existir identidade na descrición da finca en ambos documentos e coincidencia coa información catastral.