Os sendeiros homologados

Qué é un sendeiro homologado?

É unha instalación deportiva que se identifica coas marcas rexistradas de GR®, PR® e SL® e se desenvolve no medio natural sobre viais tradicionais.

A diferenza dos sendeiros sinalizados con signos convencionais, os sendeiros homologados pasaron un proceso de inspección por parte da Federación autonómica correspondente ou da propia FEDME que asegura que cumpre unhas esixencias precisas de trazado e sinalización.

Polas súas características, os sendeiros homologados deben posibilitar o seu uso pola maioría dos usuarios ao longo de todo o ano.

Debido aos requisitos que teñen que cumprir os sendeiros para poder ser homologados, estes garanten a seguridade, o seguimento e a información aos usuarios, tanto previa como “in situ”.

En base á distancia, existen tres tipos de sendeiros homologados:

• GR® – Sendeiros de Gran Percorrido: > 50 km

• PR® – Sendeiros de Pequeno Percorrido: > 10 km e < 50 km

• SL® – Sendeiros Locais: < 10 km

Que tipos de marcas existen?

Os sendeiros homologados utilizan a sinalización rexistrada pola FEDME que se corresponde con:

• Marcas de continuidade: dous rectángulos paralelos de cor branca o superior e o inferior da cor do tipo de sendeiro.

• Marcas de cambio de dirección: dous trazos paralelos indicando o xiro do sendeiro onde o trazo envolvente sempre é de cor branca e o interior da cor do tipo de sendeiro.

• Marcas de dirección trabucada: composición de dous rectángulos en aspa; o trazo de cor branca vai de arriba á dereita a abaixo á esquerda e superponse sobre o trazo de cor que indica o tipo de sendeiro.

 

    Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso