Ofrecemos solucións integrais que cobren todo o ciclo catastral e que inclúen todos os traballos relativos á formación da cartografía catastral, desde a toma de datos en campo ata o traballo de gabinete: formación, edición de cartografía, actualización, mantemento e revisión do catastro.
Tarefas habituais en Catastro e Rexistro da Propiedade:
– Informes catastrais
– Certificados de xeorreferenciación e de superficie
– Exceso de cabida
– Deslindes, segregacións e agrupacións
O catastro inmobiliario
O catastro é un rexistro administrativo, dependente do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, no que se describen os bens inmobles rústicos, urbanos e de características especiais.
A descrición catastral dos bens inclúe as súas características físicas, xurídicas e económicas; entre as que se atopan: a localización exacta de cada ben, a referencia catastral que o identifica, a súa superficie, o seu uso, o tipo de cultivo presente, a representación gráfica, o valor catastral que ten e o nome do titular catastral.
Dos dous lados do mostrador
En Gabinete Cartotec estamos especializados na xestión catastral e temos experiencia tanto no ámbito do sector privado como no da Administración Pública, adaptándonos ás necesidades de cada cliente. De cara ao usuario privado, contrastamos a información catastral dos bens inmobles para determinar a discrepancia catastral e emendala, tanto para datos gráficos como fiscais, cunha taxa de éxito superior ao 95%.
Ademais, como empresa adxudicataria de concursos públicos de Catastro, tramitamos expedientes de tipo físico e xurídico para delegacións provinciais da Dirección Xeral de Catastro, así como para diferentes Concellos. Realizamos asistencias técnicas en Procedemento de Valoración Colectiva (PVC) e realizamos cruces de bases de datos gráfica e alfanumérica entre outros traballos.
Consultar datos catastrais
Na Sede Electrónica do Catastro (SEC) podes consultar os datos catastrais e xestionar diferentes servizos. É o punto de acceso a servizos electrónicos dispoñibles pola Dirección Xeral do Catastro
Consultar
Identificar parcelas agrícolas
O Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) tamén é unha base de datos oficial de referencia para a identificación de parcelas agrícolas, de utilización obrigatoria en España para realizar as solicitudes de axudas directas da PAC que requiran declarar superficies.
Consultar
Necesitas facer unha xestión na Sede Electrónica de Catastro ou no SIXPAC?
Contáctanos