Sendeirismo

Porque unha ruta é moito máis que un deseño

Nun momento en que abondan as rutas de sendeirismo, Gabinete Cartotec aposta por unha visión integral destes proxectos que converten os nosos sendeiros en experiencias únicas e diferenciadas pola súa  riqueza e calidade.

O noso coñecemento da contorna e experiencia en proxectos de creación de sendeiros homologados convértennos nos socios perfectos para desenvolver rutas atractivas que tiren proveito e poñan en valor dos elementos naturais, humanos, históricos, arqueolóxicos ou culturais da contorna.

No mesmo sentido, no propio proceso de elaboración da ruta procuramos a participación coas comunidades. Deste xeito queremos facer algo que a xente asuma como propio e que actúen como auténticos custodios do territorio e dos seus camiñantes ao tempo que participan e contribúen á creación da ruta.

Procuramos que o visitante goce dunha experiencia integral, en contacto coa paisaxe da contorna. Ao tempo, que trasladamos tamén a riqueza e complexidade do medio rural, tratando as relacións entre o ser humano e a natureza, e os procesos produtivos que se desenvolven neste territorio.

Os proxectos de sendeiros que ofrecemos son homologados polas Federacións de Montañismo, que son sinónimo de calidade. Adecúanse a unha normativa que garanten, entre outros, unha boa sinalización, seguranza e ofrecen recomendacións, datos técnicos e información sobre puntos de interese.

PR-G 259 Ruta dos Montes do Bocelo – Teito da Coruña

Explora e descobre a través do sendeirismo

A combinación de vida activa e contacto coa natureza ten uns beneficios para a saúde espiritual e física inmellorables. Por iso, non é unha coincidencia que o sendeirismo sexa unha práctica cada vez máis habitual entre persoas de todas as idades e condicións físicas. Perfecto para grupos de amigos, familias ou para unha viaxe introspectiva en solitario, o sendeirismo gaña adeptos en todos os lugares.

A promoción de ROTEIROS de sendeirismo proporciona unha variada relación de beneficios a todos os niveis:

– Promoción da identidade local
– Participación social inclusiva
– Atracción de novos visitantes
– Dinamización económica
– Posta en valor dos recursos naturais
– Fomento de estilos de vida saudables

Se queres promover un sendeiro só tes que escoller:

– Por onde che gustaría que transcorrese

Pensa nun lugar de interese xeográfico, histórico, artístico, natural ou cultural que queres potenciar e dar a coñecer.

– A lonxitude do sendeiro:

GR: Gran Percorrido > 50 Km

PR: Pequeno Percorrido < 50 Km

Promove un sendeiro e dinamiza a túa zona!

Contáctanos

Ofrecemos

Elaboración e dirección de proxectos de Sendeiro e Estudos de Definición de Sendeiro (EDS) adecuados á nova Normativa da Federación Galega de Montañismo

Asesoramento e xestión integral do proxecto

Deseño dos elementos infográficos e arquitectónicos

Sinalización, implantación e actuacións de difusión dos sendeiros

Garantía 100% de homologación pola Federación Galega de Montañismo

Mantemento e conservación do sendeiro

Ver máis

    Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso