Filosofía

Misión

Alén da humanización das cidades, acreditamos no potencial do rural. Confiamos nas súas posibilidades como fonte de riqueza capaz de sustentar dignamente negocios e comunidades e os bos resultados alentan que é posible reverter o seu actual proceso de abandono. A esa misión dedicamos os nosos coñecementos e experiencias.

Estamos en tempos complexos e globalizados.

Nun contexto de escaseza de recursos globais, con predicións de poboación en ascenso e esgotamento de recursos naturais, resulta imprescindible un bo asesoramento que garanta seguranza xurídica e técnica que facilite a obtención de recursos económicos a prol do desenvolvemento territorial.
Novas tecnoloxías, novas situacións xurídicas e novas dinámicas económicas e sociais esixen unha actualización constante.

Nese sentido, Cartotec contribúe ao desenvolvemento sustentable, económico e social, facilitando o apoio que os proxectos precisan, coa máxima calidade e atención, axudando a pequenas e grandes explotacións, atraendo investidores para proxectos con valor engadido ou facilitando a identificación das fincas para facer as partixas.

Porque queremos facilitar a posta en valor do patrimonio individual e colectivo.

O territorio resulta unha base imprescindible para calquera actividade, e con vistas a garantir esa base, traballamos a todas as escalas para xestionar a TERRA e o TERRITORIO. Facémolo dende a perspectiva material, capaces de realizar traballos de medición ou a realización e xestión de proxectos de arquitectura e enxeñaría agrícola; e elaborar proxectos de desenvolvemento para o medio rural, desde rutas de sendeirismo a iniciativas complexas con financiamento internacional.

Compromiso

Queremos que os nosos clientes e clientas saiban que teñen en nós unha empresa transparente e comprometida coa excelencia, que se preocupa por estar ao día e que aposta pola innovación nas ferramentas e nos métodos, tanto físicos como teóricos e xurídicos, para a xestión do TERRITORIO.

Queremos contribuír a desenvolver un catastro multipropósito como unha ferramenta que proporciona información sobre a propiedade para contribuír á seguridade xurídica dos dereitos sobre a tenencia da propiedade, o fortalecemento dos impostos locais, a planificación territorial e a planificación social e económica. Permitindo unha administración e xestión holística da TERRA e TERRITORIO que garanta a accesibilidade a todo o mundo.

Sendo esta ferramenta fundamental para calquera propietario, pensamos que é necesario que calquera persoa se poida manexar con ela e coñeza as aplicacións deste rexistro tamén para a planificación territorial. É por isto que proporcionamos asesoramento de balde e que desenvolvemos accións de divulgación e formacións.

Do mesmo xeito, queremos democratizar o acceso ás tecnoloxías de xeolocalización e os Sistemas de Información Xeográfica (SIX/GIS). Queremos que toda a poboación poida aproveitar as vantaxes das máis modernas ferramentas para contribuír ao desenvolvemento territorial. Medicións, localizacións, cálculo e todo tipo de operacións pódense realizar con maior conforto e exactitude mediante a aplicación e uso de métodos e tecnoloxías.

Cartotec nace consciente da necesidade de aplicar unha combinación única de coñecemento e experiencia no sector, con capacidade para abordar desde os trámites máis simples á organización e avaliación de sistemas de catastro. Traballamos tanto desde a perspectiva de particulares como da administración. É por isto que aspiramos a ser a empresa líder en xestión catastral para o ordenamento do TERRITORIO urbano e rural.

Como parte de noso compromiso, a nosa empresa non quere medrar soa. Confiamos plenamente no traballo colectivo, o aproveitamento de sinerxias e a creación de redes como o xeito de conseguir un desenvolvemento sustentable e compartido. Por isto procuramos activamente a colaboración con diferentes empresas, institucións e colectivos aos que poida ser útil a nosa experiencia e que, á vez, complementen as nosas especialidades. Porque só coa participación do conxunto da sociedade podemos avanzar.