Blog
2 Maio, 2024
Os sendeiros homologados
A diferenza dos sendeiros sinalizados con signos convencionais, os sendeiros homologados pasaron un proceso de inspección por parte da Federación autonómica correspondente ou da propia FEDME que asegura que cumpre unhas esixencias precisas de trazado e sinalización.
17 Abril, 2024
Catastro app
O Catastro e a Secretaría Xeral da Administración Dixital poñen en funcionamento unha aplicación dispoñible para dispositivos IOS e Android que permite ter na túa man toda a información relativa aos inmobles da túa propiedade.
22 Marzo, 2024
Sendeiro das Corredoiras
Durante finais do ano pasado e comezos do presente levamos a cabo o deseño e execución do Sendeiro das Corredoiras para o concello de Arzúa.
Este roteiro conxuga o interese paisaxístico das terras agrarias con elementos de gran valor patrimonial e a recuperación dunha rede de antigas corredoiras que nos retrotraen centos de anos atrás, cando estaban cheas de vida e eran empregadas polos veciños e veciñas do concello.
19 Marzo, 2024
app Paso a Paso FEDME
A aplicación Paso a Paso da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) contén información moi variada, podendo ter nela un control sobre os sendeiros realizados, as actividades da Liga de Sendeirismo completadas, etc.
13 Xullo, 2023
O CartoLibro®
O CartoLibro® INVENTARIO DE FINCAS XEOLOCALIZADO é un produto exclusivo de Gabinete Cartotec que reúne toda a información das túas propiedades.
30 Xuño, 2023
Certificado Eficiencia Enerxética
A eficiencia enerxética fai referencia ao consumo de enerxía, calculado ou medido, que se estima necesario para satisfacer a demanda enerxética dun inmoble nunhas condicións normais de funcionamento e ocupación, e inclúe, entre outras cousas, a enerxía consumida en calefacción, a refrixeración, a ventilación, a produción de auga quente sanitaria e a iluminación.
14 Decembro, 2022
O Rexistro da propiedade
Tal e como se recolle na web registradores.org, “o rexistro da propiedade ten por obxecto a inscrición ou anotación dos actos e contratos relativos ó dominio e demais dereitos reais sobre bens inmobles”
4 Agosto, 2022
Rutas de sendeirismo da Terra de Melide
A riqueza en canto ao patrimonio natural e arqueolóxico presente na comarca da Terra de Melide motivou que nos últimos anos se creasen diferentes rutas de sendeirismo.
27 Xuño, 2022
PR-G 259 Ruta dos Montes do Bocelo - Teito da Coruña
Sendeiro homologado pola FGM que une os municipios de Melide e Toques polo Coto do Pilar, o "teito" da Coruña
8 Xuño, 2022
A Pedra en Seco
Nesta entrada queremos dar a coñecer un tipo de técnica construtiva moi empregada e de seguro que tes visto na nosa contorna: a “Pedra en Seco”
15 Novembro, 2021
Plusvalía
O imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana é un tributo directo que grava o incremento de valor que experimenten estes terreos e se poña de manifesto como consecuencia da transmisión da ...
15 Outubro, 2021
Valor de referencia
O valor de referencia dun inmoble é o resultado da análise dos prezos de todas as compraventas de inmobles que se realizaron ante fedatario público, non superando o valor de mercado por serlle de aplicación un factor de minoración na súa determinación.
10 Setembro, 2021
Cando é necesario medir unha finca?
Levar a cabo a medición dunha finca e comezar un procedemento de subsanación de discrepancias pode ser necesario en numerosas ocasións. Así, tanto se ...
7 Xullo, 2021
Estación meteorolóxica de Melide
Unha estación meteorolóxica rexistra diariamente os datos de diferentes variables que posteriormente son analizados. En Melide atópase unha das máis de 160 estacións que Meteogalicia ten por toda a Comunidade.
21 Xuño, 2021
Qué é a certificación forestal?
A certificación forestal componse de dous procesos vinculados entre sí: a certificación da xestión forestal sostible e a certificación da cadea de custodia. Ambos procesos garantizan a xestión sostible...
26 Abril, 2021
Distancias mínimas que deben respectar as novas plantacións forestais
No presente artigo descríbense as distancias mínimas que deben respectar as novas repoboacións forestais en Galicia segundo a Lei de Montes e a súa posterior modificación pola Lei 3/2018.
18 Febreiro, 2021
Notificación Catastro
En datas recentes, dende a Xerencia Rexional do Catastro estanse remitindo notificacións de dous tipos: “ACORDO DE BAIXA DE BEN INMOBLE” e “ACORDO DE NOTIFICACIÓN DE VALOR CATASTRAL”, ambas relacionadas coa actualización da cartografía catastral.
23 Xaneiro, 2021
Vértices Xeodésicos
Nesta ocasión queremos achegarvos a un concepto que ao mellor non vos sona moito pero que, se camiñades ou practicades algún deporte por zonas montañosas, seguro que tedes visto este elemento fundamental das redes xeodésicas: o vértice xeodésico.
4 Xaneiro, 2021
Numeración Concello de Ribadumia
A comezos do ano 2020 o Concello de Ribadumia decidiu poñerse en contacto con Gabinete Cartotec para darlle solución á caótica numeración das vivendas e parcelas do concello, poñendo fin a unha situación que viña provocando numerosos problemas dende facía anos.
22 Outubro, 2020
O Valor Catastral e o I.B.I.
O Imposto de Bens e Inmobles (I.B.I.) é un tributo municipal de pago obrigatorio para todos os propietarios que teñan a seu nome no Catastro algún ben inmoble; vivenda, piso, casa, etc
Este imposto calcúlase en base ao valor catastral ...
22 Outubro, 2020
Servizo de Catastro en Ribadumia
O Concello de Ribadumia, en colaboración con Gabinete Cartotec, ofrece o servizo de Catastro á súa Veciñanza.
O servizo de Catastro é un beneficio mutuo entre o Concello e a Veciñanza.
17 Setembro, 2020
Representación Gráfica Alternativa Xeorreferenciada
Logo da reforma da Lei Hipotecaria, aprobada pola Lei 13/2015, de 24 de xuño, é necesario unha RGA para a inscrición das fincas no Rexistro da Propiedade.
En Gabinete Cartotec contamos coa experiencia suficiente na realización de RGAs, xestionando o ciclo total, dende a medición da parcela afectada, a correcta representación gráfica en Catastro, e a súa inscrición no Rexistro da Propiedade.
27 Decembro, 2018
Cartotec estrea imaxe de marca
Cartotec muda a súa web e estrea nova imaxe despois de tres anos, para dar inicio a unha etapa de expansión nacional e internacional no eido da xestión territorial.
27 Decembro, 2018
Unha nova ruta de sendeirismo no Ulla
As Asociacións O Noso Lar e As Rigueiras xunto co Concello de Santiso, encomendaron a Cartotec o proxecto e a execución dunha ruta de sendeirismo homologada de 40 km (Sendeiro da Beseña - PR-G 226). Unha ruta de sendeirismo homologada financiada con fondos europeos LEADER que xestiona o GDR.